Ir al contenido principal
Falece Alfonso Sucasas, autor do primeiro logotipo de Galicia Calidade
|
(Foto: Galicia Calidade) |
O pintor Alfonso Sucasas faleceu este
martes no seu domicilio de Vila de Cruces aos 72 anos de idade. Considerado un
dos máis persoais e intimistas creadores galegos, foi autor da primeira imaxe
identificativa de Galicia Calidade. O propio organismo lémbrao así nas redes
sociais: “Así naceu Galicia Calidade en 1991, a partir dunha obra de Alfonso
Sucasas. Hoxe despedimos ao seu autor, considerado o último gran clásico da
pintura galega”. Para todos quedará na memoria a cuncha de vieira coa que se
identifica aos produtos de calidade galegos.