Este xoves preséntase o libro sobre o
proxecto do Pazo Baión, no que se narra o proceso evolutivo desta finca. O
proxecto, cunha gran carga de compromiso social, ten asimesmo unha vertente
histórica, enolóxica, paisaxística e arquitectónica que “ten detrás moitas
horas de traballo, vivencias, sentimentos e emocións”, sinala a adega. Todas
estas vivencias son contadas no libro polos seus protagonistas, entre eles o
arquitecto César Portela, o historiador Xosé Fortes e o enólogo José Hidalgo. O
acto, no que estarán presentes, comeza ás 11.00 horas nas propias instalacións
do Pazo Baión.
E outra convocatoria para este xoves é a
que protagoniza o grupo Gadisa, que inaugura un novo establecemento Gadis na
localidade pontevedresa de Mos. Este novo punto de venda conta cunha superficie
de 4.200 metros cadrados ao servizo do cliente. A cita é ás 12.00 horas en
Sanguiñeda (Mos).