Presentación do libro, coa presenza de César Portela, Xosé Fortes e José Hidalgo |
O traballo de recompilación da memoria
histórica foi realizado por Xosé Fortes, quen sitúa as orixes da finca no
século XV. Dende entón, e ata o século XX, a historia do Pazo Baión estivo
protagonizada por familias nobres como os Sarmiento ou os Figueroa. A finais do
século XX o Pazo Baión era coñecido en todo o país polo seu vencello co mundo
do narcotráfico, algo que, trala chegada de Condes de Albarei, mudou
definitivamente.
Hoxendía, Pazo Baión é sinónimo de labor
social, non en van o 5% das vendas destínanse anualmente a programas de axuda a
drogodependentes. Ademais, contrata a extoxicómanos en proceso de reinserción
socio-laboral. Un proxecto con pasado, presente e futuro que, agora, se recolle
nun libro.