Con motivo da celebración do Día de Galicia
en Euskadi levouse a cabo, como é habitual, a Cata Concurso de Tintos Galegos
en Euskadi, que se celebrou en Sestao. A actividade, organizada pola Irmandade
de Centros Galegos en Euskadi coa colaboración da Asociación de Euskadi de
Sumilleres, repartiu ata tres premios para viños da D.O. Ribeira Sacra. Concretamente,
o primeiro premio foi para Marcelino I da adega Marcelino Álvarez González; e o
segundo, para Cruceiro da adega Ramón Marcos Fernández. Ademais, estableceuse
un accesit que recaiu no Sabatelius de Adegas e Viñedos Lareu.
E xa na XIV Cata Concurso de Viños Brancos
Galegos, que se celebrou en Bilbao, obtivo o primeiro premio o Ribeira Sacra
Peza do Rei, de Adega Cachín.
O presidente da Deputación de Lugo visitou a parcela na que se realizan as investigacións |
Por outra banda, expertos da Universidade
de Santiago de Compostela están a levar adiante un estudio na Ribeira Sacra –financiado
pola Deputación- encamiñado ao aforro de enerxía, ao minimizar a necesidade das
actuacións do viticultor en tarefas como a limpeza do terreo ou o aporte de
nutrintes á viña. Unha das conclusións ás que están chegando ós investigadores
é que, ao contrario das prácticas habituais de manter limpas de herba estas
plantacións, o mantemento dunha capa de
vexetación entre cepas (chamado “acolchado”) evita a aparición doutros vexetais
máis prexudiciais para o cultivo, ao tempo que evita a excesiva erosión do terreo.
Por outra banda, o rego selectivo da planta
en lugar das técnicas de rego habitual, tendo en conta diversos factores, como
a climatoloxía, obriga á cepa a competir polos nutrintes coa herba que crece ó
seu arredor, aumentando a calidade e forza da viña, revertindo nun aumento da
cantidade e calidade do seu froito.
Os principais beneficiarios dos resultados
desta investigación pioneira serán os propios viticultores, xa que poden seguir
de preto o desenvolvemento dos ensaios, que se realizan nunha finca de
Portomarín, e aplicalos no futuro.