A portada volve ser obra de Andrea López |
Este xoves preséntase, no Espazo
Enogastronómico dos Camiños de Santiago, o novo número da revista
CompHostelería que leva por título “Santiago é Turismo”. No acto, a asociación
de hostaleiros da comarca de Compostela contará coa presenza de Víctor Manuel
Vázquez Portomeñe, que é o protagonista da sección “Na barra con…”.
Ao remate
da presentación, nun dos momentos do ano de maior afluencia de peregrinos,
realizarase unha visita guiada ao punto de atención e información que
Hostelería Compostela xestiona no Camiño Francés.