|
O anuncio realizárono o o presidente de Restauración, Xesús Sordo, e o xerente da asociación, Andrés Condide |
A Asociación de Empresarios de Hostelería
de Santiago de Compostela anunciou a nova edición do Santiago é Tapas de 2012
que se vai celebrar entre o 26 de outubro e o 11 de novembro. A participación
está aberta a todos os establecementos hostaleiros de Santiago. Hostelería
Compostela decidiu asumir a promoción e organización deste evento por
consideralo “de extraordinaria importancia para a dinamización económica do
sector e para a divulgación da cultura do tapeo na cidade, especialmente en tempada
baixa, consolidando así Santiago de Compostela como un destino gastronómico de
referencia a nivel nacional e internacional”.
Os empresarios explican que ante a negativa
do Concello a organizar -a través de Turismo de Santiago- o concurso, “como
viña sendo habitual dende a primeira edición de 2008”, decidiron asumir este
ano a promoción e organización desta importante cita coa gastronomía en
miniatura, un evento “plenamente consolidado”. Agora, os empresarios fan un
chamamento aos establecementos da comarca para que se sumen á programación, de
cara a lograr un novo éxito de convocatoria.