O Concello de Lugo porá en marcha dun plan
de promoción turística do municipio e das festas do San Froilán. Instalaranse
un total de dez paneis en sete cidades e vilas galegas con información sobre os
atractivos turísticos do Concello de Lugo e sobre as festas máis coñecidas da
localidade.
A colocación farase en lugares céntricos e
transitados e, na maior parte dos casos, segundo informou o edil Antón Bao, “a
colocación dos paneis turíticos nas diferentes cidades faise coincidir con
celebracións festivas buscando chegar ao maior número de persoas”. A campaña
comezou nas festas de Santiago e trasladarase, ata o 11 de agosto, á cidade de
Ferrol. Posteriormente, estará en Monforte de Lemos, Viveiro, Pontevedra,
Ribadeo e Ourense.
Bao fixo tamén un balance dos datos de
turismo deste primeiro semestre de 2012. Os datos indican que Lugo mantense no
número de turistas, que se incrementaron en preto de 300 con respecto ao mesmo
periodo de 2011. Antón Bao valorou estes datos como “non moi negativos” tendo
en conta a situación que se está a vivir e destacou que non houbo perdas no
número de turistas a pesares do que se podía esperar neste contexto.