Remata con éxito a cuarta tempada do programa Km0


A cuarta tempada do programa Km0, impulsado pola Deputación de Lugo co obxectivo de aproveitar a potencialidade do medio ambiente para xerar riqueza na provincia, chegou este martes ó seu remate, superando os 35.700 participantes dende 2008. O proxecto xerou, segundo a Deputación, un volume de negocio de preto de 1,5 millóns de euros dende a súa posta en marcha. Deles, un total de 1,1 foron beneficios directos para as preto de 250 empresas colaboradoras, todas PEMES e autónomos, que dan emprego directo a preto de 1.400 persoas en sectores estratéxicos da economía lucense, como son a hostalería, o comercio, a artesanía ou o turismo, dinala a Deputación.

Nesta cuarta tempada estreouse tamén a variante Km0 Fin de Semana, coa que o organismo provincial pretende abrir o abano de público participante e cubrir as peticións das máis de 7.600 persoas que había á espera de facer unha ruta. De xeito paralelo, nesta edición tamén se potenciou o Km0 en inglés, é dicir, o mesmo programa de rutas, pero con guías neste idioma, especialmente dirixido para persoas que queiran practicar o inglés.