O Castelo de Soutomaior acolle este xoves o acto “Rías Baixas Territorio Gastronómico: Homenaxe aos cociñeiros de Soutomaior”, que foi presentado recentemente polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde da localidade, Agustín Reguera. Trátase dunha iniciativa “única”, segundo Louzán, para recoñecer o labor de 130 cociñeiros e cociñeiras orixinarios desta vila, á que o titular da Deputación cualificou de “berce da restauración”.
Moitos dos premiados non residen nin traballan xa en Soutomaior e algúns incluso virán dende o estranxeiro. O acto pretende ser un recoñecemento á súa “traxectoria impecable” e á súa contribución ao desenvolvemento do sector turístico-hostaleiro da provincia.