Manicha Bermúdez y Támara Echegoyen recibirán as Cebolas de Ouro de Sanxenxo


“Recoñecer o tesón de dúas destacadas mulleres que sobresaen en ámbitos diferentes grazas á constancia no traballo e ao afán de superación” é, a xuízo da alcaldesa de Sanxenxo, a razón principal pola que o vindeiro martes se entregarán as Cebolas de Ouro á cociñeira e copropietaria do Hotel Rotilio, Manicha Bermúdez (foto), e á medallista olímpica Támara Echegoyen. “No caso de Manicha –di a rexedora- consideramos que é de xustiza outorgar este galardón a unha persoa discreta pero destacada dentro e fóra das nosas fronteiras, que logrou situar a Sanxenxo no mapa gastronómico nacional e internacional empregando sempre a calidade como expoñente do seu bo facer”. Catalina González destacou, ademais, “o mimo e o respeto co que reinterpretou a cociña tradicional, a herdanza dos seus pais nun negocio familiar que é un emblema da vila de Sanxenxo”.

Ante a concesión da Cebola de Ouro, a cociñeira di sentir “un agradecemento moi grande”. Bermúdez adicará a distinción á súa nai, Carmen Pose, e fará extensiva a homenaxe a todas as mulleres de Sanxenxo que historicamente estiveron á fronte das cociñas dos hoteis do municipio.