O Gaiás suma e segue


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o “éxito de participación” rexistrado no festival Cidade Imaxinaria, que reuniu este sábado na Cidade da Cultura a máis de 9.200 persoas, converténdose no evento máis multitudinario dos celebrados ata o de agora no Gaiás.

O reconto final, que recolle a grande afluencia rexistrada especialmente a partir da media tarde do sábado, ofrece unha cifra final de 9.203 asistentes a un festival que ofreceu dez horas case ininterrompidas de actuacións cirquenses, xogos e obradoiros para toda a familia. Con estas cifras, Cidade Imaxinaria consolídase como unha das actividades máis exitosas das celebradas no Gaiás, que na súa primeira edición en 2011 xa conseguira reunir a máis de 4.000 persoas.