A Deputación de Ourense pontencia o turismo

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e o deputado da área de Plans Estratéxicos, Antonio Montero, presentaron dúas novas medidas integradas no Plan de Estratexia Operativa OURENSE 92 “que permitirán facer unha diagnose da situación socio-económica das comarcas e municipios e potenciar o turismo e a competitividade empresarial”, explicou o presidente provincial.

Trátase, por unha banda, do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta de traballo para analizar a realidade económica e social da provincia de Ourense, que ten como finalidade ser un servizo a disposición dos concellos, organismos e entidades públicas e privadas da nosa provincia para poder entender mellor a información de tipo socio-laboral de Ourense nos ámbitos do mercado laboral, o sistema produtivo, a especialización sectorial  e as potencialidades de cada zona 

A outra das accións que se presentou hoxe no marco do Plan OURENSE 92 son as Estratexias de colaboración cos concellos para a dinamización turística e empresarial. Esta medida ten como obxectivo  potenciar a competitividade e a internacionalización das empresas, cunha serie de accións que se levarán a cabo cos concellos e outras administracións públicas, ademais de organizacións empresariais e colexios profesionais.
  
Esta acción complétase cun proxecto para a dinamización turística das comarcas da provincia de Ourense dentro do ámbito dos denominados “Xeodestinos”, unha nova demarcación xeográfica que permitirá potenciar o sector turístico da provincia coas novas denominacións territoriais turísticas como son: Ribeira Sacra, O Ribeiro, Terras de Ourense-Allariz, Celanova-Limia, Verín-Viana e Manzaneda-Trevinca.