Conexión marítima para Arousa-Norte

Aproveitando a celebración da XLIX Festa do Marisco do Grove a Mancomunidade Arousa Norte pon en marcha o desenvolvemento dunha conexión marítima no xeodestino Rías Baixas – Ría de Arousa, como unha das iniciativas recollidas no convenio coa Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia.
“Arousa a bordo” pretende a conexión marítima das dúas marxes da ría. As primeiras viaxes están programadas para as dúas fins de semana nas que se celebra a Festa do Marisco do Grove; 6, 7, 12, 13 e 14 de outubro de 2012.
A saída do sábado 6 e do domingo 7 de outubro está programada para as 11.00 h. dende o porto de Riveira, retornando dende O Grove ás 18.30 h. Para os días 12, 13 e 14 de outubro manteranse os mesmo horarios pero con saída ás 11.00 h. dende o porto da Pobra do Caramiñal. O prezo da viaxe, por ida e volta, será de 10 euros (nenos ata 12 anos de balde) debendo facer reserva de praza no teléfono  636 31 04 00 en horario de 10.00 h. - 14.00 h. e 16.00 h. - 20.00 h., de luns a domingo. Unha parte do billete é financiado pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.