O Consello da Cultura Galega acollerá mañá xoves as “III xornadas sobre boas prácticas na conservación do patrimonio cultural. (O patrimonio inmoble: interaccións holísticas e calidade)”. Organizadas en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e tres asociacións profesionais do sector, as xornadas contarán coa asistencia de máis de cen expertos e estudiosos. Os debates poderán ser seguidos tamén vía streaming a través de www.consellodacultura.org
As sesións comezarán ás 9´30 horas co relatorio “Actividade profesional en patimonio cultural: xestión, protección, conservación”, de Fernando Carrera, coordinador das xornadas, e María García-Alén (CCG).
A mañá completaráse con dúas mesas redondas. A primeira sobre “Os oficios do patrimonio: a historia, a arquitectura, a conservación-restauración” con Beatriz Comendador (Universidade de Vigo), Lois Méndez (Museo de Ourense) e Ramón Izquierdo Perrín (CCG). A segunda sobre “Regulación administrativa, regulación profesional, regulación da calidade” con Manuel Chaín (Xunta de Galicia), Antonio Roma (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) e José Aguiño (Asociación Profesional CRG).
As 16 horas a terceira mesa redonda abordará o tema “Retos nas intervencións de conservación do patrimonio cultural inmoble: interdisciplinariedade, calidade, regulación, criterios, formaciòn, etc.” con Bieito Pérez Outeiriño (CCG), Teresa Nieto (Xunta de Galicia), Yolanda Porto (ACRE) e Juan Monterroso (Universidade de Santiago).
Finalmente para as 17´30 horas está previsto o debate final e as conclusións coas contribucións de todos os rel