Novedosa iniciativa de Turismo Rías Baixas para a comercialización do destino

A Deputación de Pontevedra leva a cabo mañá, venres, no  Parador de Pontevedra, unha novedosa iniciativa para xenerar produto turístico e para comercializar o destiño Turismo Rías Baixas. Tratase dun Workshop, dunhas sesións de traballo entre os responsables de contratación das máis relevantes empresas nacionais e internacionais de Caixas-regalo e 31 empresarios do sector turístico provincial que contan con Diploma de Calidade Turística en destiños.
As sesións, que terán lugar de 10 a 12 horas, reunirán a responsables de contratación das empresas Smartbox, La vida es bella, Kaleidoscopio, Dakota Box, Wonderbox, entre outras, con empresarios turísticos de Deza, Pontevedra, Arousa, Vigo, O Morrazo e Val Miñor.
A iniciativa supón un novo, exitoso e crecente xeito de comercialización turística. Os establecementos turísticos de Pontevedra poderán entrar no mercado das Caixas-regalo no que, ata o de agora, non figuraban.
Este novo xeito de comercialización consiste en que un particular, unha entidade, unha empresa ou un potencial turista adquire unha Caixa-regalo -do sector de Bodegas, Cociña creativa, Aventura, termalismo, escapada rústica, turismo cultural, de ocio, etc.- que inclúe o destino turístico Rías Baixas. En virtude deso, alóxase nun establecemento hoteleiro pontevedrés e a empresa-touroperador da Caixa-regalo obtén, pola iniciativa, unha porcentaxe da estancia.
O mercado das Caixas-regalo _algo habitual como regalo de empresa, agasallo de amigos, bodas, etc. atópase nun momento de auxe en todo o mundo que, sólo en Europa, xenerou o ano pasado un volumen de negocio de 700 millóns de euros.