
Este modelo de calidade, auspiciado pola Secretaría Xeral de Turismo do Goberno Central, ten como finalidade ofrecer unha metodoloxía que canalice as inquedanzas da calidade nos servizos hostaleiros, achegando aos empresarios turísticos e aos prestadores de servizos as técnicas de xestión da calidade para que sexa máis fácil implantar posteriormente as normas e ferramentas de xestión do Sistema de Calidade Turística de España.
O Sistema de Calidade Turística Boas Prácticas recoñece o esforzo que supón a participación no proxecto de empresas e os seus profesionais, mediante a concesión de distintivos que premian o seu compromiso co sistema e facilitan o seu recoñecemento polo turista.