Cociñando polos mercados coa Deputación de Pontevedra


Neste mes de novembro a Deputación de Pontevedra ten prevista a organización dun Showcooking «Cociña de Mercado». Desenvolverase nos mercados de Portonovo, O Grove, Bueu, Porriño, Caldas, Ponteareas, Vilagarcía, e Redondela.  Nestes lugares vaise a instalar un stand recreando unha cociña na que cociñeiros do Grupo Nove van a elaborar receitas en directo.

Neste liña de promoción dos mercados de abasttos, a Deputación de Pontevedra realizou o sorteo do concurso de receitas «Cociña Me Mercado» nas prazas de abastos de Caldas e O Grove. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro das actividades impulsadas pola entidade provincial para promocionar os mercados como lugares con tradición e de confianza, renovar e dinamizar a súa actividade e oferta comercial, e atraer  novos perfís de consumidores.

Ademais do concurso de receitas, a Deputación organizou tamén  os días 23, 24, e 25 de outubro os Seminarios «Ven ó mercado» dirixidos ós vendedores dos Mercados Municipais; e os responsables Municipais con competencia en materia de mercados. Estes cursos foron impartidos polo Subdirector Xeral de Comercio da Generalitat Valenciana e pola Presidenta da Asociación de Comerciantes del Mercado Municipal de Aldaia (Valencia).