Medio Rural emplía as axudas ao sector vitivinícola para promoción exterior


A Consellería do Medio Rural e do Mar amplía en 542.747 euros o importe das axudas  para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola galego nos mercados de países terceiros. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta ampliación de crédito, o que permitirá atender unha maior cantidade das solicitudes presentadas.

Os beneficiarios destas axudas, que poden chegar ata o 50% do gasto aprobado, son principalmente as adegas e os consellos reguladores das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas.

Esta liña de axudas vai dirixida á financiación de actuacións de promoción dos nosos viños nos mercados de países non pertencentes á Unión Europea. As accións que se financian son, entre outras, campañas publicitarias, promocións en puntos de venda, deseño e edición de material promocional destinado a eses mercados, misións comerciais, presenza