O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería
Compostela acolle hoxe unhas interesantes Xornadas sobre a enogastronomía do Camiño Ingles. Trátase dunha viaxe polo
Camiño Inglés a través dalgúns segredos da enogastronomía desta ruta Xacobea, a
máis descoñecida e menos transitada, que une Ferrol e A Coruña con Santiago de
Compostela.
Consiste nun nun menú que vai preparar o equipo de cociña do
Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela, coa
colaboración dos alumnos do curso de Servizos de Restaurante e Bar, que en breve
inician a súa estadía en prácticas. Agradecemos confirmación o antes posible.
O Secretario Xeral de Política Lingüística,
Valentín García,
a concelleira de
Educación de Santiago, Rebeca Domínguez e os presidentes de Restauración e Hospedaxe de
Hostelería Compostela,
Jesús Sordo e José
Manuel Otero, acompañarán a profesionais, autoridades, xornalistas
e bloggers na presentación e degustación deste menú especial sobre o Camiño
Inglés, que se enmarca dentro dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña.