Menús sen glute, máis formación para os alumnos do CSHG


Alumnos de Dirección Hoteleira e de Xestión de Cociña recibiron varias conferencias sobre dieta sen glute no Centro Superior de Hostelería de Galicia. A Asociación Galega de Celíacos (ACEGA) desenvolveu varias charlas informativas sobre como ofrecer un menú sen glute e repartiron entre os asistentes unha guía de boas prácticas.

É importante que os futuros profesionais da hostalería coñezan as materias primas libres desta proteína e aprendan a manipular e elaborar menús específicos para as persoas celíacos. Paro os celíacos é importante atopar a profesionais que as especificidades da súa dieta. Malia todo, cada vez é máis frecuente atopar establecementos que ofertan menús sen glute.