O CSHG mete un alumno na final do Hyatt Student Prize


O alumno do CSHG, Juan Calvo, participará na final da quinta edición do Hyatt Student Prize, un concurso onde Hyatt Hotels & Resorts escolle ao mellor estudante en xestión hoteleira do continente europeo. O Centro Superior de Hostalería de Galicia foi seleccionado entre as 19 mellores escolas europeas e é a única de España para competir en dito certame que terá lugar mañá, día 29 de novembro, en París.

Despois dunha fase previa, Hyatt elexiu a oito finalistas, entre eles o CSHG. Juan Calvo competirá por ser o mellor nun concurso que se celebrará no Hotel Park Hyatt París-Vendôme. Para asegurar a neutralidade, o xurado, de cinco persoas, fórmano xente allea á cadea hoteleira estadounidense. Son profesionais do mundo da televisión e do entretemento, arte e literatura e que están encabezados pola xornalista Anne-Sophie von Claer, editora do xornal Le Figaro.