Preto de 230.000 persoas visitaron este ano Illas Atlánticas


O  parque nacional Illas Atlánticas albergou ao longo do período xaneiro- outubro unha afluencia de 277.905 visitantes, tanto por medio públicos como privados. No que se refire a emprego de transporte público, un total de 229.115 persoas achegáronse a Cíes, Cortegada, Ons ou Sálvora.

Estes datos trascenderon na última reunión do Padroado do Parque Nacional Illas Atlánticas. O informe, que recolle datos do período comprendido entre xaneiro e outubro do presente ano, ten como obxectivo ofrecer unha visión de todos os aspectos que engloba esta área de traballo, tanto datos numéricos de visitantes como analizar a súa realidade. A partir da análise destes datos estúdanse novas liñas de actuación a adoptar para garantir a compatibilidade da conservación de recursos naturais e culturais co goce da área por parte de todos os cidadáns.

O número de pernoctacións en zonas permitidas do parque durante estes últimos dez meses ascendeu a un total de 49.774: 35.718 nas Cíes e 14.056 en Ons. A época estival foi a estación na que se rexistrou maior número de pernoctas, sobre todo nos meses de xullo e agosto, períodos de vacacións por excelencia.

Por outra banda, os arquipélagos de Cíes e Ons son os únicos que ofrecen a posibilidade de realizar rutas guiadas polo persoal do Parque Nacional. Cabe precisar que participaron un total de 2.715 visitantes en estas rutas.