
Ademais de Carmen
Pita, participaron no encontró María Luisa Cid, concelleira de Emprego do
Concello da Coruña; Rafael Benito, director do Hotel Finisterre; Alfonso
Salazar, presidente de ASCEGA; Francisco Agrasar, propietario do restaurante As
Garzas; Luis Veira, xerente e chef executivo do restaurante Árbore da Veira;
Francisco Moar, xerente do restaurante Casa Pena e Tito Fernández, chef do
restaurante Hesperia Finisterre.
Na súa intervención,
a xerente de Turgalicia incidiu nos valores únicos que identifican Galicia como
destino gastronómico como que “temos a maior variedade do produtos do mar do
mundo; máis de trescentas festas gastronómicas que impulsan o sector turístico
e promocionan os produtos con indicación de calidade; contamos con cinco
Denominacións de Orixe Protexida vitivinícolas e con 27 Indicacións Xeográficas
Protexidas; así como con once Estrelas Michelin e 18 Soles Repsol”.