Máis de 615.000 de euros investidos nos Camiños en 2012


A Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, acometeu ao longo de 2012 un total de 15 proxectos de mellora e conservación de infraestruturas de aloxamento nos Camiños de Santiago. Os albergues, dependentes da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, requiriron dun investimento en melloras e reparacións que supera os 615.000 euros.

A Xunta acometeu, xa que logo, obras de mantemento, conservación e reparación nos albergues de Tui, Padrón, Teo, O Porriño e Redondela no Camiño Portugués; Muxía e Fisterra na Ruta Fisterra-Muxía; Ribadeo no Camiño Norte; Sarria no Camiño Francés; Lalín, Cea, A Gudiña e Ourense na Vía da Prata.