A
conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, reuniuse cos
membros do Consello Galego de Pesca para informalos sobre os resultados
acadados no último Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea en relación
aos TACs e cotas para 2013. A conselleira trasladou aos representantes do
sector que, en total, as posibilidades de pesca para o 2013 para España se
incrementan nun 7,75% respecto dos TACs e cotas obtidos en 2012 nas principais
especies que Galicia pode pescar. Na xuntanza, conselleira e representantes do
sector analizaron as posibilidades de pesca acadadas en relación ás especies
máis importantes para a frota galega.
A
conselleira transmitiulle ao sector a importancia do traballo previo de
documentación e de análise científico e socioeconómico realizado para acadar os
resultados que superaron as expectativas do duro punto de partida da
negociación. A titular de Mar tamén valorou os esforzos e o traballo
responsable dos pescadores galegos realizados para axustar o esforzo pesqueiro.
Grazas a
ese labor conxunto acadouse o aumento xeral de máis dun 40% no TAC do lirio,
dun 15% na pescada do Cantábrico e dun 42% no TAC da cigala de Gran Sol, na
área de Porcupine. Outro dos aspectos positivos foi o de conseguir manter os
TACs de especies principais para a frota galega, como a pescada norte, rapante
ou badexo, sobre todo, tendo en conta que a Comisión Europea propoñía nalgúns
casos reducións superiores ao 30%.
Ademais tamén se conseguiu evitar o descenso do TAC
en especies coma o peixe sapo, que pasou dunha redución dun 20% proposta nun
principio, a unha redución do 5%. No caso do peixe sapo no Cantábrico Noroeste
acadouse frear a reduci