O CSHG participará na EmCup 2013


O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) participará na EmCup 2013, The European Mise en Place Cup, un concurso de 25 escolas de xestión hoteleira na que participan os alumnos das mellores escolas de Europa e que pretende que afloren ideas e experiencias que axuden a mellorar este sector.

José Luis Prieto, Regina Porto, Paula Casares e Olalla Gómez, alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia, preséntanse co proxecto The Paper Boat Team, unha proposta para dar a volta ao mundo en 40 días (ata o 9 de xaneiro de 2013) e que se pode ver no seu vídeo de presentación:  (http://www.youtube.com/watch?v=fojW_oFfYrs)

O EmCup 2013 é un concurso que puxo en marcha Hotello Top en 2009, o portal de Internet dos profesionais da xestión hoteleira (con máis de 5.000 membros). O obxectivo desta organización é recoñecer a calidade, o coñecemento e o desenvolvemento de novas e creativas fórmulas para a industria hoteleira. Pretende enxalzar aquelas ideas e experiencias que os alumnos e as escolas participantes desenvolven para a mellora do sector.