A Xunta de Galicia, a
través de Turgalicia, puxo en marcha o día
17 de decembro unha campaña para incentivar a desestacionalización e o consumo turístico
a través do programa Vive Galicia, un
conxunto de paquetes que inclúen experiencias turísticas para gozar por toda a
Comunidade Autónoma.
O sorteo, no que
participaron unhas 5.700 persoas, resolverase de hoxe en sete días e o
procedemento será o seguinte: Adxudicaranse
directamente os paquetes que teñen menos demanda que oferta e farase un sorteo
aleatorio con aqueles que teñen máis demanda que oferta; cos participantes
que enviaron convites aos seus amigos para participar nesta promoción, farase
outro sorteo para encher as prazas dos paquetes con menos demanda que oferta; logo de facer os
sorteos, comunicaráselles aos 1.878 gañadores o premio. Unha vez contactados
todos, o resultado trasladaráselles ás axencias de viaxes e os gañadores
contarán con todo o mes de xaneiro para solicitar o seu premio.
Turismo de Galicia
quere difundir as posibilidades que ofrece o programa Vive Galicia para a práctica do Turismo na Comunidade Autónoma,
tanto na tempada alta como nas épocas de menor demanda, como neste caso. O sorteo xerou no
Facebook de Turgalicia 2.243 usuarios e 50.699 invitacións. Os usuarios do
microsite foron 3.457 e as invitacións por mail foron 3.359. A campaña xerou
3.650 novos fans da web de Turgalicia.