Feiraco súmase ao entroido


Con motivo da celebración dunha das festas máis importantes e conmemoradas de Galicia, o Carnaval, a cooperativa Feiraco levará a cabo unha nova campaña especial que consistirá en diversas accións encamiñadas a animar durante estas datas a todos os galegos.

Tras o éxito de acollida da campaña anterior, na que "todas as vacas quixeron ser Feiraco", a Cooperativa ten decido converter esta acción nunha tradición e os envases de leite Feiraco -enteira, semidesnatada e desnatada- volveranse vestir de Carnaval, cada un coa súa característica cor, nunha edición deseñada especialmente polo Rei Zentolo que xa está dispoñible na maior parte dos puntos de venda.

Estes peculiares "cigarróns" e "peliqueiros" abrirán o paso dos lineais repartindo máscaras que estarán dispoñibles en seis orixinais modelos, a xogo cos stoppers e cubrepalés, que marcarán o seu territorio. Paralelamente levaranse a cabo varias accións exteriores de promoción como a colocación de mupys e valos coas imaxes da campaña nos distintos circuítos de mobiliario urbano das cidades galegas e outras zonas con longa tradición nestas festas.