A secretaria
xeral para o Turismo estivo presente nas accións promocionais de Ponteareas;
Ferrol e Pantín Classic, así como na presentación do proxecto da Mancomunidade
da Mariña Lucense e da Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño.
O stand
galego acolleu tamén a presentación do novo destino de Turkish Airlines a
Galicia á que asistiu a xerente de Turgalicia, Carmen Pita quen resaltou a
potencialidade desta conexión “para incrementar a conectividade aérea de
Galicia cos países de Oriente Próximo e Asia”. “Dende o aeroporto de Santiago a
través do hub de Estambul ábrense múltiples conexións para o viaxeiro pero o
realmente importante para Galicia é a capacidade de achegar á nosa comunidade a unha gran cantidad de
turistas procedentes dos mercados asiáticos e aos países emerxentes de Oriente
Próximo, así como a Rusia ou China”, engadiu.
No stand de
Galicia celebraronse tamén hoxe as presentacións da Fundación Centro Galego da
Artesanía e do Deseño e mais da Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo,
ás que asistiron o conselleiro de Economía e Industria, e mais a delegada da
Xunta de Galicia en Lugo e mais respectivamente.