A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o
Turismo, presenta a oferta turística de Galicia relacionada co Turismo de
Reunións no evento Meet & Talk, destinado especificamente ao mercado
británico. Neste evento turístico, que se celebra dende onte e ata mañá sábado
en Xibraltar, Galicia promocionarase como destino turístico para a organización
de congresos ante os operadores turísticos británicos máis senlleiros.
Galicia conta con tres pazos de congresos nas cidades da
Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e outras instalacións susceptibles de
acoller eventos no resto das cidades galegas.
Por outra banda, o Xacobeo, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, representa dende hoxe ao destino Galicia ata o vindeiro domingo na 24ª edición da feira de turismo Holiday World Show que abriu as súas portas en Dublín, no recinto RDS Simmonscourt.
En Meet & Talk, técnicos de turismo de Galicia manterán
xuntanzas de traballo cos máis dunha vintena de operadores turísticos ingleses
baixo o formato de workshop.
O Turismo de Reunións en Galicia ten experimentado un
notable desenvolvemento durante os últimos anos, debido, en parte, ao incremento
e mellora das infraestruturas precisas para a organización de congresos,
convencións e viaxes de incentivo.
Por outra banda, o Xacobeo, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, representa dende hoxe ao destino Galicia ata o vindeiro domingo na 24ª edición da feira de turismo Holiday World Show que abriu as súas portas en Dublín, no recinto RDS Simmonscourt.
A feira está
dirixida a profesionais e a público en xeral e está organizada pola empresa
irlandesa Business Exhibition Ltd. e a Asociación Irlandesa de Axentes de Viaxe
(ITAA). Na súa anterior edición de 2012,
rexistráronse máis de 50.000 visitantes, 1.500 deles profesionais e 700 expositores de 70 países diferentes.