
Dende o día 30 de xaneiro ata o 3 de
febreiro, o stand de Galicia en Fitur ocupará na edición 2013 unha superficie
de 967 metros cadrados e continuará sendo o escaparate para a difusión da marca
turística galega Galicia, gárdasme o
segredo? na fase de promoción dos Produtos Cabeceira da Marca Galicia e das
experiencias turísticas que deles se derivan. Deste xeito, Galicia aposta
decididamente polas novas vías para gozar do destino e polo apoio directo á comercialización
turística e ao empresariado turístico.
Segundo explicou a secretaria xeral
para o Turismo, o stand de Galicia será o do ano pasado con algunhas
modificacións e novidades visuais. Se ben, os módulos nos que se dividirán
serán os seguintes: Xeodestinos, Experiencias, Turismo de Cidade e Camiño de
Santiago. Na súa intervención, Castro resaltou que “un dos espazos
tradicionalmente máis visitados no dedicado á nosa gastronomía, que será
atendido con gran profesionalidade polos alumnos do Centro Superior de
Hostelería de Galicia”. Tamén salientou que o custe do stand será un 30% menos que en 2012