Foto: Faro de Vigo |
O presidente da
Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o xerente do Instituto Ourensán de
Desenvolvemento Económico (Inorde), José Manuel Rodríguez, presentan hoxe, xunto co alcalde do municipio, Francisco José
Fernández Blanco, as conclusións do Observatorio Económico Ourensán
correspondentes á comarca da Terra de Trives (4.660 habitantes), cuxos datos
máis salientables rebelan que esta comarca é un dos territorios da provincia de
Ourense que incrementou o seu censo de empresas e centros de traballo na
comparativa entre finais de 2007 e finais de 2011, xunto con Verín e a comarca
de Ourense.
O estudo
determina que coa promoción da Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda –dinamizadora
da comarca- poderase potenciar o sector servizos, penalizado pola situación de
crise actual, un sector que xunto co da agricultura/gandería e o
comercio/hostalería son as actividades económicas principais da comarca da
Terra de Trives.
O Observatorio
Económico Ourensán é unha ferramenta de análise económica, laboral, empresarial
e social que puxo en marcha a Deputación de Ourense para coñecer a situación da
provincia de Ourense e das súas comarcas. Forma parte do Plan de estratexia
operativa OURENSE 92, e nace da implicación entre institucións (Deputación e
Inorde), universidade e empresa, e na súa elaboración intervén un equipo
multidisciplinar de profesionais e universitarios especializados do
Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.