A Consellería do Medio Rural e do Mar promove os produtos
frescos e transformados do sector pesqueiro galego e potencia a imaxe nacional
e internacional do noso sector marítimo na feira Rímini Horeca
Expo 2013, que se celebra en Italia ata mañán martes. A Consellería participa nesta feira cun stand de 128 m2 que conta con coexpositores de 6 empresas diferentes, relacionadas co mundo do mar e dos
conxelados.
O obxectivo do departamento dirixido por Rosa Quintana é
promocionar os produtos frescos e transformados do sector pesqueiro galego no
mercado nacional e internacional, sendo Italia un importante mercado para
algunhas empresas galegas.Este evento destaca pola súa especialización en tecnoloxía e produtos da pesca e
polo seu interese en sectores coma o da acuicultura marítima e terrestre.