O Consello da Xunta nomeou esta mañá a Nava Castro Domínguez, que cesa como secretaria xeral de Turismo, como directora da Axencia de Turismo de Galicia. Nava Castro é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, conta
con diversos másters sobre estudos turísticos (IUSC. Centro de Estudos
Superiores); Emigración e Retorno (Universidade de Vigo), en Axentes de
Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas (Universidade de Vigo), en
Xestión e Dirección de Pemes (Universidade de Vigo), e en Intervención e
Xestión de Servizos Sociais (Universidade da Coruña- Fundación Española de
Estudos Sociais).
Por otra banda, Mar Sánchez Sierra foi nomeada secretaria xeral de medios, cargo que ata o de agora desempeñaba Alfonso Cabaleiro, e Lucas Martimón Torres director xeral de comunicación, cargo que viña ocupando a antes citada. Pola súa banda, a viguesa Patricia Ulloa faise cargo da Dirección Xeral de Producións Agropecuarias.