O prezo do leite en Galicia aumentou a maior ritmo que no resto de España


O prezo do leite en Galicia aumentou nos últimos meses de maneira continuada e a un ritmo maior que no resto de España, o que significa que se reduciu o diferencial que existe co conxunto do Estado, segun dastacou o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, quen reitera  o compromiso do departamento que dirixe Rosa Quintana de seguir traballando co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente na procura de solucións á situación do sector lácteo en Galicia, sendo nestes momentos prioritario a inclusión recoñecer os custos de produción como un elemento fundamental de construción de prezos ao proxecto de Lei de mellora do funcionamento da Cadea Alimentaria.

Neste senso, o secretario xeral explicou que as reunións que a Xunta está a manter cos representantes do lácteo (gandeiros, distribución e industria) céntrase precisamente na mellora da cadea de valor do leite. Así, Fernández-Couto subliñou que, en canto ás medidas adoptadas polo departamento autonómico, estase a reforzar as medidas de control, especialmente na industria e na distribución, para detectar prácticas como a venda a perdas que poderían estar realizando algúns distribuidores e que dificultan a construción de prezo. Así como detectar posibles abusos de dominancia do mercado obrigando á venda por parte dos produtores a prezos que non cubran os custes de produción.