
Asistiron á presentación o responsable do Comité de Profesionais da Real
Federación Española de Golf; o presidente da Federación Galega de Golf; o
responsable comercial do Ladies European Tour; o responsable do Campo de Golf
Augas Santas; o subdirector xeral de Deportes; os patrocinadores do evento; así
como o alcalde de Pantón e representantes da Deputación de Lugo e do Consorcio
de Turismo Ribeira Sacra.
A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez,
recalcou na presentación do evento que a celebración desta proba en Galicia
contribúe a posicionar a oferta diferencial de turismo de golf da nosa
comunidade, que combina a práctica deportiva – cunha infraestrutura dotada con
21 campos de golf- co goce do termalismo e a enogastronomía.