Turismo de Galicia, que colabora con el Ayuntamiento de Baiona con motivo de la Festa da Arribada, que se celebra este fin de semana, presentará también durante el fin de semana en la oferta turística de Galicia e o Camiño de Santiago en Portugal,
dentro da principal feira de Turismo do país veciño: a Bolsa do Turismo de Lisboa (BTL).
Nesta edición, Turgalicia acudirá cun
stand propio de 81 metros cadrados no que se promocionará toda a oferta
turística de Galicia e o Camiño de Santiago, que contará cun mostrador propio
dentro do recinto galego.
Turgalicia presentará nesta ocasión
os recursos turísticos galegos baixo o paraugas da marca Galicia que inclúe os produtos cabeceira de marca: Camiño de Santiago, Mananciais de Galicia, Bosques
de Galicia, Patrimonio oculto, Paseando entre viñedos, Turismo mariñeiro, Ruta da Camelia, Santuarios
máxicos, Faros e praias salvaxes
e Lugares únicos.
Ademais, a Sociedade de Imaxe e
Promoción Turística de Galicia difundirá entre o público asistente á feira o
mapa de Xeodestinos de Galicia, no
que se distribúen as 14 zonas turísticas do territorio galego.
Os portugueses son tradicionalmente o
mercado emisor máis importante para a Comunidade galega. Así, no ano 2011, os
turistas procedentes do país veciño supuxeron o 21,5 % do total dos
estranxeiros que visitaron Galicia, un total de 171.909 persoas aloxadas en
establecementos regrados galegos.
Ademais, o ano pasado, máis de 5,6
millóns de portugueses realizaron visitas sin pernoita –excursionismo- á
Comunidade galega, o que supuxo o 93,4% do total dos excursionistas que recibiu
Galicia en 2011, segundo os datos de Frontur, do Instituto de Estudios
Turísticos.