A alimentación saudable a base de productos autóctonos, que fuexen da
artificialidade tan de moda nestes tempos, foi o tema central dunhas xornadas
celebradas na queixería Arqueixal, de Palas de Rei para presentar inciativa Prato DO a base de produtos autóctonos
naturais e de tempada.
A xornada comezou cun coloquio sobre alimentación, moderado por Clara
Raposo, Socia fundadora de A Cova da Terra e presentado polo anfitrión Xosé Luis
Carreira de Arqueixal. Nel. Nesta xuntanza, diferentes asistentes falaron do seu modo de
alimentarse, cómo chegaron a asumir a responsabilidade de preocuparse pola súa
alimentación, qué beneficios obtiñan gracias a esta implicación e con qué
dificultades se atoparon ó intentar levala a cabo.
O público asistente puido escoitar as impresións de xente non
profesional no sector, pero sí con amplos coñecementos sobre alimentación. Estes
personaxes tamén realizaron unas breves prácticas de exercicios ou consellos
que veñen aplicando diariamente na súa vida.