A D.O. Ribeiro recibe un total de doce
premios no concurso Bacchus 2013, tres medallas de ouro e nove de prata. O Bacchus é o único concurso
internacional de viños español que pertence a VINODEF, federación que integra
os máis reputados concursos a nivel mundial. Ademais está recoñecido tamén pola
Organización Internacional de la Viña y el Vino (OIV) así como polo Ministerio
de Agricultura, Alimentación y Medioambiente. O xurado está formado por máis
dun centenar de profesionais, nos que se atopan xornalistas especializados,
sumilleres, enólogos, Masters of Wine, Masters of Sommelier de todo o mundo.
Bacchus de Ouro: Armán Finca Os Loureiros 2010 y Casal
de Armán 2011, de Bodegas Casal de
Armán, S.L; y Coto de Gomariz de María Alvarez Serrano.
Bacchus de Prata: Adega do Moucho 2011 de Francisco
García Pérez¸; Colección Costeira Treixadura 2011 de Vitivinícola do Ribeiro,
S.C.G.; Cuñas Davia blanco 2011 de Adegas Valdavia, S.L.; Doña Inés Pino 2011
de Requiém Hispania; Finca Viñoa 2011; Leive
Paradigma 2011 de Adegas Áurea Lux, S.L.; Mauro Estévez 2011 de José Estévez
Fernánde; Sameirás 2012 de Antonio Cajide Gulín y Terra do Castelo Treixadura
de Cooperativa San Roque, S.C.G.