Habelas Hailas Licores presenta
este sábado, 23 de marzo, a súa nova liña de productos gourmet, unha selección
de licores e cremas cunha nova imaxe e packaging fresco, divertido e cheo de
cor, como é característico dos produtos desta empresa. E como marca nada en
Noia, Habelas Hailas Licores organizou unha presentación desta nova liña de
produtos nesta vila e, en concreto, no seu hipermercado Eroski, onde os
consumidores poderán adquirir esta nova liña de produtos.
O acto do sábado incluirá,
ademais, una degustación en exclusiva duns bombóns recheos dos licores de
Habelas Hailas que se presentarán oficialmente no Salón Gourmets, onde Habelas
Hailas estará presente entre o 8 e o 11 de abril, en Madrid. Esta gama de bombóns, que terá a súa posta de
largo durante Gourmets, son unha creación concebida e desenvolvida polos
prestixiosos cociñeiros Francisco Piñeiro, Manel Oliveira e Mark Wernink, que
tamén estarán presentes no evento deste sábado para explicar as características
do produto e, como no, sorprendernos o paladar.