O concello de Baiona, seleccionado entre cen destinos de costa de todo o mundo, foi distinguido co Quality Coast Gold Award, conseguindo con Pafoss (Chipre) a segunda
calificación máis alta na categoría de ouro i é, con Fuerteventura o único destino españoil entre os mil candidatos. O galardón de maior categoría
recaeu nas Illas Azores.
O obxectivo
do programa Quality Coast, que
desenvolve o Coastal and Marine Union
da Unión Europea é fomentar o turismo sostible nos destinos de costa. Para isto
establecen prácticas como estratexias de información para os visitantes ou
crear unha rede mundial de comunidades costeiras que compartan valores e
prácticas vinculadas ao desenvolvemento sostible. A oferta turística, o
ecosistema mariño, o patrimonio natural e cultural, a conservación, a beleza
natural e a calidade medioambiental son algúns dos criterios de valoración
relacionados co galardón.
Entre os
aspectos positivos que destaca Quality Coast para conceder o premio ao Concello
de Baiona está tamén o feito de que estea integrado no Sistema Integral para a
Calidade Turística en Destino (SICTED). O proxecto SICTED baséase na
conciencia integral do destino e na identificación de obxectivos comúns dos
axentes implicados, perseguindo un nivel de calidade homoxéneo nos servizos
ofrecidos ao turista. Baiona está adherida ao sistema dende o ano 2005 e conta
con 5 establecementos adheridos e 10 distinguidos.