![]() |
Asistentes a la Gala, el año pasado |
A Gala do
Turismo e a Gastronomía de Galicia, que acada a súa XV edición, volverá
celebrarse por segundo ano consecutivo no Teatro Principal de Pontevedra
(detrás da casa do Concello, a 50 metros dos aparcadoiros da Alameda e a menos
de 200 do da Praza de Abastos), a partir das 19 horas do martes 14 de maio.
Trátase do
evento de máis ampla convocatoria e proxección intersectorial en Galicia, na
súa condición, acreditada ao longo destes quince anos, de punto de encontro dos
subsectores concomitantes no binomio hostalería e turismo, representadas no
acrónimo da revista que o creou, HG&T.
A Gala
comezará co acto de entrega dos Premios HG&T-AGAXET, os galardóns que poñen
de relevo os protagonismos e actividades vips no decorrer de cada ano. Estes
premios concrétanse nos pergameos de Nominados, que serán proclamados de entre
os finalistas (corenta son os aspirantes ás Nominacións
HG&T-AGAXET).
Os finalistas
distinguidos coa Nominación por parte do gran xurado intersectorial (que ven a
ser os Premios HG&T) optan, por tal condición, á medalla Dagda –a divindade
Celta que gardaba a marmita da abundancia–, outorgada exclusivamene polos votos
dos membros da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo
(AGAXET) participantes no xurado. Este acto académico remata coa entrega dos
premios extraordinarios que dá a redacción de HG&T, outorgados este ano a
Jóvenes Restauradores de España e á Irmandade dos Viños Galegos.
Despois deste
acto académico, que será presentado pola actriz Uxía Blanco (Sempre Xonxa), a festa continuará na
rúa-praza de Tetuán, contigua ao Teatro, punto de encontro gastronómico con
relevantes contribucións sólidas e líquidas. A Gala, orientada a concorrencias
eminentemente profesionais, concita a presenza de máis de cincocentas representacións
da hostalería, os axentes turísticos, as empresas de subministracións, as
administracións e os recursos humanos.
Os
finalistas que optan á nominación, un máximo de tres en cada categoría, e os
apartados resultantes son os seguintes:
PROMOCION E MARKETING
Real Abadía de Samos.
Feria Taurina de Pontevedra
Unipublic (Vuelta Ciclista a España)
Festa do Marisco de o GroveFeira do Viño do Ribeiro
IMAXE INTERSECTORIAL E DIVULGACION
Programa 'Cocineros Sin Estrella' (J. Ribagorda, TeleCinco)
Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal (Paco Gil)
De Bares (Voz Audiovisual)
Abecedario de Mantenzas (Fausto Galdo)
I+D e FORMACION
Invertigación Unicla (Feiraco)
Innolact, derivados lácteos
Innter Gal-Eno, (Martín Códax e 5 adegas)
José Vicente Gómez, formación desde Amaiga
ACERVO PATRIMONIAL
Innolact, derivados lácteos
Innter Gal-Eno, (Martín Códax e 5 adegas)
José Vicente Gómez, formación desde Amaiga
ACERVO PATRIMONIAL
Monte Santa Tegra, (Paisaxe Cultural Europeo)
Monte Ridimoas, (Pablo Rodríguez)
Museo Etnográfico-Gastronómico de QuirogaDroguería Moderna, Pontevedra
PROXECTOS / INICIATIVAS EMPRESARIAIS
Resort Las Sirenas (Viveiro)Turoperador Mas Costas Galicia
Grupo Don Pepe (Vigo)
Panadería Divina. (Santiago)
EQUIPAMENTOS E SUMINISTROS
Migan
Disgobe
Vendisfrig
Aceites Abril
PROFESIONAIS DO ANO
Yago Castrillón. Acio
Nacho Costoya. Maitres
Javier Olleros. Rest. Culler de Pau
Carlos Parra. Restaurador
BOCADOS DO ANO
Nacho Costoya. Maitres
Javier Olleros. Rest. Culler de Pau
Carlos Parra. Restaurador
BOCADOS DO ANO
Cebreiro Santo André
San Simón de Crisanto
Lacón con Grelos de Embutido Lalinense
Conservas-Depuradora Daporta
BEBIDAS DO ANO
San Simón de Crisanto
Lacón con Grelos de Embutido Lalinense
Conservas-Depuradora Daporta
BEBIDAS DO ANO
Cerveza 1906 Red Vintage
Vía Romana BarricaSidra Ribela
Alma de Reboreda
NOMINACIONS EXTRAORDINARIAS
Jóvenes Restauradores de España
Irmandade dos Viños Galegos (Na memoria de Pepe Posada)
Vía Romana BarricaSidra Ribela
Alma de Reboreda
NOMINACIONS EXTRAORDINARIAS
Jóvenes Restauradores de España
Irmandade dos Viños Galegos (Na memoria de Pepe Posada)