A Concelleira de Cultura,
Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto co presidente
da Asociación Cohors III Lucensium, Manuel Fernández, e escoltados por soldados
romanos, presentaron esta mañá a moeda oficial que esta asociación acuña, por cuarto
ano, para a festividade do Arde Lucus.
Carmen Basadre destacou
o gran éxito acadado por esta inicitiva e sinalou que é un reflexo máis do movemento
e a espectación que se xenera ao redor da celebración, ademais tamén adiantou
que este ano se presenta por primeira vez, unha pulseira do Arde Lucus.
O Presidente de La
Cohors III Lucensium, Manuel Fernández, explicou que este ano 2013 La Cohors
III Lucensium, unha vez máis, “quere que todos os asistentes á festa do Arde
Lucus se sintan máis identificados con esta cidade e dunha forma totalmente
lúdica, por uns días, sexamos máis participativos, facendo que público e
comerciantes nos metamos máis no papel da festa, exportando unha imaxe positiva
e cordial das xentes de Lucus Augusti”. En total, poranse en circulación 4.000
moedas.