Como actividade complementaria ao congreso, máis de 60
participantes no congreso realizaron un pequeno percorrido pola D.O. Ribeiro o
día previo á inauguración, seguido dun túnel dos viños do Ribeiro no Local
Social da Madalena, ubicado no barrio xudeu de Ribadavia, acompañado dun cóctel
de produtos galegos de calidade, harmonizados cos nosos viños. O obxectivo
principal para con estes axentes da comunicación, turismo e cultura era o de
achegarlle a nosa Denominación para que puideran comprobar de primeira man que
detrás do viño do Ribeiro hai moito máis, non só é o fluído, senón que hai
moita historia e cultura, viñedo e viticultores, así como adegueiros e unhas
especiais condicións agroclimatolóxicas; e que o conxunto de todo isto fai que
o Ribeiro sexa como é. Por todo elo, facilitamos que se involucren no mundo do
Ribeiro, xa que sentindo todas estas peculiaridades comprenderán plenamente o
viño do Ribeiro.