Ao longo destes días, Turespaña instalará un conxunto de
stands no antigo porto da cidade de Marsella, e dentro deste, Turismo de
Galicia contará cun espazo personalizado para ofrecer información sobre o
destino ao público xeral.
Durante estas xornadas, organizarase unha presentación á
prensa local, así como unha festa de inauguración á que se convidaron
autoridades, empresarios turísticos e outros colectivos relacionados co
turismo. Nesta presentación, os asistentes poderán degustar produtos
gastronómicos galegos.
Entre as actividades que se desenvolverán no vello porto de
Marsella, salienta o labor de información turística que desenvolverá Turismo de
Galicia entre o público asistente. Ademais, estes dous días actuará o grupo de música galega
Isga Collective, que amenizará este evento durante as tardes do sábado e o
domingo.
Esta acción promocional, que aproveita a celebración da
capitalidade cultural europea na cidade do sur de Francia, xa tivo lugar este
ano nas cidades italianas de Xénova, Bari, Boloña, e Roma e desenvolverase en Padua, entre os días 5 e 9
de xuño.