Segundo o Informe de Visitantes a adegas asociadas á Rutas
del Vino de España do ano 2012, que acaba de presentar ACEVIN (Asociación
Española de Ciudades del Vino), a Ruta do Viño do Ribeiro aumenta en preto dun
millar de visitantes.
Do informe presentado por ACEVIN, resulta moi interesante
poder analizar a evolución de cinco anos consecutivos de recompilación de
datos, dos que poden extraerse interesantes conclusións en relación á
estacionalidade do enoturismo.
É satisfactorio ver cómo as adegas adheridas a Ruta do Viño
do Ribeiro, en particular, van asumindo
como habitual e necesario o rexistro de visitantes, co obxecto de analizar o
impacto do turismo do viño e o retorno dos esforzos realizados polas empresas e
Administracións Públicas que están apoiando o turismo do viño.
Os datos que proporciona este informe en canto á Ruta do
Viño do Ribeiro poñen de manifesto que o
turismo enolóxico estase a consolidar como un importante complemento da oferta
turística do territorio e de xeito especial, en situacións como a actual, o
turismo enolóxico representa unha interesante alternativa de viaxe nun momento
no que os turistas tenden a reducir o tempo e a
distancia das súas viaxes.
Analizando os datos segundo a distribución mensual dos
visitantes ás adegas se conclúe que os meses de outono e primavera son os máis
proclives ao turismo do viño no Ribeiro, seguindo a tendencia do resto do
estado. Pola contra os meses de xaneiro, febreiro e decembro rexistran un
número de visitas bastante máis reducido, sendo xaneiro o peor mes par a a Ruta
do viño do Ribeiro.