A Xunta de Galicia creará unha axencia específica para coordinar
todo o relacionado coa formación, a I+D+i e o control da calidade
agroalimentaria. Para iso, transformarase o Instituto Galego da
Calidade Alimentaria (Ingacal), facendo posible que integre todas estas
tarefas.
Deste xeito, a nova
axencia coordinará e integrará os traballos dos diferentes departamentos con
competencias e encargarase tamén de axustar e integrar a busca de fondos e
proxectos en formación, I+D+i, control da calidade agroalimentaria e difusión e
transferencia da tecnoloxía.