A Ruta dos Faros de
Galicia e un traxecto turístico en tren que une Ferrol con Ribadeo e que ata o 15 de setembro poderá realizarse durante as fins de semana alternas. Forma parte dos proxecto
turístico posto en marcha grazas á colaboración de Renfe e mais Turismo de
Galicia e que utiliza o tren como medio de transporte turístico, unha iniciativa
pioneira na comunidade e que inclúe o Tren Al-Andalus, a Ruta polos Xardíns da
Camelia, o Galicia Rail-Pass, e mais a Ruta dos Faros da de Galicia.
A Ruta dos Faros permite coñecer enclaves como
a Illa de San Vicente; o Cabo Ortegal; o miradoiro de Vixía Herbeira; Santo
André de Teixido; o cabo de Estaca de Bares; O Barqueiro; Ribadeo; o Faro de
Illa Pancha e a Praia das Catedrais. Para visitalos prográmanse excursións
realizadas en microbuses especiais, que saen dos apeadoiros do tren. Na ruta
disponse dun guía especializado durante todo o percorrido.
As saídas desta ruta están previstas para os
días 22, 23 de xuño; 6,7,20 e 21 de xullo; 3,4, 17, 18 e 31 de agosto; e mais
1, 14 e 15 de setembro. Os prezos para adultos da ruta longa son de 40 euros; e
da ruta curta son 35 euros. Os nenos aboarán 10 euros en ambas as dúas rutas.
Os billetes para percorrer a Ruta dos Faros de Galicia poden adquirirse na
páxina web de Renfe.