A empresa Coronas Galicia presenta hoxe ás 19.00 horas, a medios de comunicación, bloggers e convidados ó evento, o último dos seus produtos, o Ron 17 de Maio. O acto, presentado polo xornalista Guillermo Campos, contará coa intervención de José Antonio Rivera (Chef Rivera), e a actuación de Aída Alonso (Aíd) interpretando os “Raps de Rosalía”. Servirase degustación de coctelaría con Ron 17 de Maio a cargo de Ana María Martínez (gañadora absoluta do Campionato Galego de Coctelaría Clásica).