A Asociación Hostelería Compostela vai organizar no vindeiro
mes de xullo un “Obradoiro de Cociña Básica para Afeccionados’ dirixido a todas
aquelas persoas que desexen iniciarse na cociña e no mundo da gastronomía. O
curso é totalmente práctico onde o alumno disporá dunha cociña individual para
a elaboración das súas receitas.
O programa do curso contempla a elaboración de aperitivos
clásicos e modernos (en culleriña, espetos e chupiños); arroces, pastas e hortalizas;
peixes e carnes e doces. Celebrarase os día 8, 9, 10 e 11 de xullo (luns, martes,
mércores e xoves), de 17.00 a 20.30 horas, cun total de 14 horas. O prezo da matrícula e de 100,00 € e
o úmero de prazas ascende a 15.